2 abr 2012

Concentración en Vigo polo incendio na Fragas do Eume


Esquerda Unida participou na concentración convocada este luns en Vigo para mostrar o seu malestar e indignación polo incendio acontecido no Parque Natural das Fragas do Eume. Con este lume ponse en perigo un dos últimos reductos da biodiversidade que nos quedan en Galicia.

Esta situación de degradación na que se atopa o monte galego débese, ademáis de á política de recortes en prevención e extinción de incendios que está a facer o goberno da Xunta de Galicia, a anos e anos de unha política forestal nefasta levada a cabo polos sucesivos gobernos de Galicia.

Esta situación redunda no borrador da Ley de Montes que pretende aprobar o PP. O enfoque productivista, a obsesión polos beneficios do sector forestal, contrasta no texto da lei coa escaseza de expresións como “ecosistema forestal” , “multifuncionalidade” ou “beneficios ambientais sociais e culturais”.
Promóvese a plantación de monocultivos de crecemento rápido que degradan o monte, a biodiversidade e son facilmente pasto do lume.

Dende Esquerda Unida reclamamos outra política forestal, onde se aposte pola multifuncionalidade do monte (madeira, micoloxía, froitos, pastos, apicultura, paisaxe...) e a biodiversidade. Unha política forestal que non pense únicamente nos montes como unha "fábrica de madeira", se non como un ecosistema que é o noso deber cuidar e recuperar.

Deste xeito, cun monte equilibrado, evitaranse a largo prazo boa parte dos incendios e a desaparición con eles da riqueza natural de Galicia.
Pero a curto prazo, o que fan falla son medios de prevención e extinción de incendios e non recortes.



No hay comentarios: