25 jun 2012

IU presentou no Congreso dos Deputados unha interpelación parlamentaria sobre a situación do AVE en Galicia.


A diputada de IU, Ascensión de las Heras, presentou unha interpelación parlamentaria proposta polo Sindicato Ferroviario dirixida ao goberno sobre a situación do ferrocarril en Galicia.

O Ministerio de Fomento e a Xunta de Galicia priorizan un proxecto, o do AVE, que lonxe de vir a resolver o problema do transporte interno galego, supón un derroche de inversión pública nun contexto de recortes xeralizados. O orzamento previsto para  o tren de alta velocidade lévase a meirande parte da inversión en infraestruturas ferroviarias, quedando logo aplazada unha vez máis a necesaria vertebración do territorio galego mediante unha rede de tren normal.
A construción de vias para a alta velocidade é sete veces máis cara que a do tren normal. Priorízase polo tanto  un medio de transporte minoritario como é a alta velocidade , en lugar de dotar á maior parte da poboación dun servizo de transporte público. Servizo de transporte éste que chega a ser cinco veces máis eficiente enerxéticamente que o transporte por carretera, polo que se fai imprescindible na loita contra o cambio climático.

Vias de tren normal están sendo levantadas e enstanse pechando estacións que daban servizo á poboación sin darlle ningunha alternativa a cambio. Comenzouse a construir unha línea que se vendeu como de alta velocidade cuxo principaol obxectivo parece ser destruir a rede de tren convencional.

Sobre todo este proceso a poboación galega segue sen ter unha información clara e precisa dos servizos que se van a prestar e a utilidade que se lle vai a dar a nova liña.

En vista desta situación presentáronse á Mesa do Congreso dos Deputados as seguintes preguntas:

  • Está previsto que por esta liña circulen trens de cercanías?
  • Está previsto que circulen por esta liña trens de media distancia?.
  • En qué poboaciones haberá estacións ou apeadeiros que realmente presten servizo, que sexan intermodales, que estean dotados de aparcadoiros disuasorios, de horarios adecuados, frecuentes e cadenciados, que se facilite unha completa e actualizada información, con tarifas razonables e bonos temporales, con descontos similares aos de outros puntos de España?.
  • Cómo vai a acceder o material autopropulsado ou remolcado aos talleres que se están construíndo na actual estación de Redondela cando ésta queda separada do eixo atlántico?.
  • Qué alternativas se propoñen dende Pontevedra cara á Vilagarcía despóis de suprimir o servizo ao norte de Pontevedrá?
  • Tendo en conta a velocidade á que se supón que van a circular os trens por este trazado e que non debe ser inferior a 160 Km/h: se van a realizar apeadeiros en determinadas poboacións nas que se poida prestar servizo?.
Tense previsto algún sistema de prevención e seguridade para os usuarios do ferrocarril?. Qué vai a ocorrer cos tráficos de mercancías, portas, etc.?

No hay comentarios: