25 ago 2012

Sobre o Plan Eólico e a sentenza do TSXG


A EXECUTIVA NACIONAL DE ESQUERDA UNIDA CONSIDERA QUE O DESENROLO DAS ENERXÍAS RENOVABLES, ENTRE ELAS A EÓLICA, É FUNDAMENTAL XUNTO A OUTRAS MEDIDAS DIRIXIDAS AO AFORRO DE ENERXÍA.

 ESQUERDA UNIDA  XESTIÓN DEFENDE QUE A ENERXÍA POR SER UN SECTOR ESTRATÉXICO, DEBE SER DE PROPIEDADE E XESTIÓN PÚBLICA.

YOLANDA DÍAZ COORDINADORA E CANDIDATA Á XUNTA DE GALICIA CONSIDERA QUE “O PP TEN QUE EXPLICAR CANTO LLES VAN A CUSTAR Á CIDADANÍA GALEGA AS SÚAS POLÍTICAS”

A sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, considera ilegal a anulación por parte da Xunta do Plan eólico aprobado polo goberno do bipartito.

A executiva nacional de Esquerda Unida considera que o desenrolo das enerxías renovables, entre elas a eólica, é fundamental, xunto a outras medidas de cara ao aforro de enerxía, para acadar un modelo enerxético ambientalmente sustentable. O cambio do modelo enerxético é fundamental na loita contra o cambio climático e para diminuír a dependencia dos combustibles fósiles, polo tanto é unha cuestión fundamental que atinxe ao dominio público. Pola contra, a proliferación no territorio galego de parques eólicos en mans de empresas privadas non supuxo practicamente ningún beneficio para a poboación galega e mesmo se levou a cabo sen ter en conta os impactos medioambientais.

Yolanda Díaz coordinadora e candidata á Xunta de Galicia esixe que “o Partido Popular ten que explicar canto lle van a custar á cidadanía galega as súas políticas”. A sentencia do TSXG, considera ilegal a suspensión do procedemento para o outorgamento de autorizacións de instalacións de Parques Eólicos tramitado ao amparo do Decreto 242/07 de 13 de decembro. Unha das consecuencias desta resolución a instancias da decisión do goberno de Feijóo no seu momento, é o elevado custe -xa que as empresas prexudicadas neste proceso de adxudicación eólica teñen dereito a reclamar as indemnizacións correspondentes-, que a cidadanía galega vai ter que asumir pola mala xestión e decisión do goberno do PP.

Esquerda Unida defende que a enerxía por ser un sector estratéxico, debe recaer en mans públicas. O actual modo de produción e consumo enerxético é insostible tal e como demostran o quecemento global, a acidificación dos mares e o cénit do petróleo. Baixo a lóxica do sistema capitalista, se deixa o sector enerxético nas mans do mercado sen ter en conta as repercusións medio ambientais e sociais, condicionado sempre a que as grandes empresas enerxéticas poidan seguir acumulando beneficios.

Para Esquerda Unida, é fundamental a creación dun novo plan eólico cuxos principios reitores sexan a eficacia, a protección do entorno, a descentralización e a propiedade pública, de xeito que o seu desenrolo non estea suxeito a intereses privados, se non ao ben público e ambiental.

Polo tanto, Esquerda Unida pulará pola creación en Galicia dunha empresa pública adicada á promoción e investigación das enerxías renovables e pola xestión pública do sector enerxético.

Gabinete de prensa.
Executiva Nacional de Esquerda Unida.

No hay comentarios: