30 jul 2012

Contra a reforma da Lei de Costas presentada polo PP


ESQUERDA UNIDA OPONSE Á REFORMA DA LEI DE COSTAS PRESENTADA POLO PP

O ANTEPROXECTO DE LEI APROBADO POLO CONSELLO DE MINISTROS SUPÓN UNHA AGRESIÓN E PRIVATIZACIÓN DA COSTA

A EXISTENCIA DE NÚCLEOS HISTÓRICOS DE POBOACIÓN NA COSTA NON DEBE SERVIR DE EXCUSA PARA NOVAS EDIFICACIÓNS.


A Executiva Nacional de Esquerda Unida considera que a reforma da Lei de Costas que proxecta o PP supón unha nova agresión ás nosas costas. Esta reforma vai claramente contra a intencionalidade da Lei de Costas aprobada en 1988, que non era outra que frear a destrución e privatización da costa no litoral do Estado.

A ampliación a 75 anos da concesión e a autorización á compra-venda de inmobles situados dentro do dominio público terrestre son medidas que supoñen un regalo ás inmobiliarias permitíndolles así facer negocio esquivando a ata agora vixente Lei de Costas.

A ampliación da concesión debería revisarse caso por caso, concedéndose unicamente no caso de ser primeira vivenda e a persoas de baixa renda.

Por outra banda, esta reforma supón unha agresión en particular á costa galega coa redución da zona de servidume de protección da costa de 100 a 20 metros nas rías. Isto suporá abrir as portas novamente á construción indiscriminada e a destrución da zona costeira.

A suposta intención desta medida é dar seguridade xurídica aos núcleos de poboación que no ano da aprobación da Lei de Costas non tiñan calificación de chan urbano pero sí as súas características. Si de iso se tratara, bastaría facer un inventario dos núcleos que merecerían tal calificación en lugar de reducir a zona de protección da costa.

Para a Executiva Nacional de Esquerda Unida a reforma proposta polo Goberno supón unha fuxida cara adiante intentando revitalizar a economía a base da destrución do litoral.

No hay comentarios: