29 oct 2010

VERTIDOS



















Como se pode apreciar outra vez, as estacións de bombeo situadas en Cambre e en Oleiros voltaron a desbordar as súas augas fecais á ría do Burgo. Isto sucede con frecuencia cando chove por culpa que as devanditas estacións de bombeo non son capaces de soportar a acumulación de auga fecal e pluvial. Mais así, estando nunha rexión en que por sorte ou desgraza as choivas son moi frecuentes, a Xunta de Galicia a través da consellería do mar reabre ao marisqueo a parte externa da ría onde os vertidos do río Quintas e mais a estación de bombeo de Oleiros entre outros vertidos acaban na dita zona.

No hay comentarios: