Esquerda Unida apoia as mobilizacións da Plataforma Galega contra a Lei de Augas de Galicia e anima á toda a cidadanía a participar na manifestación convocada para o próximo domindo 20 de marzo que sairá dende a Alameda de Santiago ás 12 da mañán.
A Lei de Augas aprobada polo Parlamento Galego o pasado 18 de novembro supón unha privatización de facto da auga, xa que permite á empresa Augas de Galicia apropiarse de competencias que ata o de agora eran exclusivamente municipais, como son as de abastecemento, saneamento e tratamento de augas residuais. Deste xeito se pon aos concellos ao servizo da empresa Augas de Galicia que é xurídicamente unha S.A.. Ademáis delega tamén na empresa Augas de Galicia competencias propias da Xunta de Galicia, en materia de obras hidráulicas, políticas de abastecemento, saneamento, planificación territorial e mesmo competencias tributarias.
Ademáis, esta lei permite que se privatice, non soamente o servizo, se non tamén a propia auga. Augas de Galicia cobrará un canon en tódolos casos en que exista o aprobeitamento da auga, sexa mediante suministro público ou privado, incluida a auga da chuvia.
A auga é un ben público básico que non debería ser en ningún caso medio de lucro, polo que Esquerda Unida consideramos que a súa xestión non debería ter saído nunca do ámbito público en tódolos seus aspectos.
Dende Esquerda Unida consideramos que si ben deben implementarse medidas que graven o consumo excesivo da auga, debe garantirse o seu suministro á poboación independentemente da súa capacidade económica. A auga non pode estar de ningunha maneira suxeta aos intereses de mercado, polo que manifestamos o noso total rexeitamento a calquera forma de privatización da xestión da auga, e aínda máis, da auga mesma.
Secretaría de Medio Ambiente
Esquerda Unida
No hay comentarios:
Publicar un comentario