14 abr 2011

Foros de agroecoloxía en Vigo e Ponteareas








Agradecementos aos relatores e aos que participastes nos foros de agroecoloxía que celebramos o pasado 9 de abril en Vigo e Ponteareas.

A experiencia foi moi enriquecedora e unha mostra do camiño que debemos tomar para enfrontar os retos que se nos veñen enriba. Ante a crise ambiental e social na que nos atopamos, a saída non pode ser a de seguir alimentando os beneficios dos poderes económicos a conta do Medio Ambiente e dos traballadores.

A recuperación do valor do campo, construir redes agrarias e de consumo fora dos grandes circuitos comerciales, son experiencias que temos que construir para reducir as agresións ao Medio Ambiente, dignificar o traballo no campo e producir alimentos de calidade.

Outro xeito de enfrontar as agresións do capitalismo. Temos moito traballo por diante.

No hay comentarios: