O pasado 21 de agosto celebrouse en Santiago de Compostela a primeira xuntanza do Grupo motor dos Foros do que forman parte membros de EU e persoas alleas á organización. Nesta xuntanza chegáronse aos seguintes acordos con respecto ao encontro de ecoloxía:
1. Confírmase como data do Encontro de Ecoloxía o dia 2 de outubro.
2. Acórdase que o acto consistirá nunha MESA REDONDA estruturada nas seguintes partes: PONENCIAS- DEBATE- CONCLUSIÓNS.
3. Acórdase retirar a proposta de 6 bloques de debate expostos no Chamamento ao Encontro de Ecoloxía e que cada poñente elixa o tema a debatir. Neste sentido, os seguintes puntos son soamente unha proposta orientativa:
· Alcance global da crise ecolóxica
· Lexislación sobre os animais
· Política territorial.
· Transporte.
· Enerxía.
· Resíduos.
· Economía social.
· Agricultura ecolóxica.
· Economía social.
· Biodiversidade.
· Pesca.
· Decrecemento sostible.
· Actuación social e política.
No hay comentarios:
Publicar un comentario