27 ago 2010

Unha experiencia de produción agroecolóxica no concello de Rivas Vaciamadrid.


Na situación actual de crise ambiental e económica na que nos atopamos e tendo en conta que mil millóns de persoas están a pasar fame, o actual modelo de produción e comercialización agrícola revélase insostible.
Debemos dar prioridade a prácticas agrícolas creadoras de emprego e menos agresivas ambientalmente e tamén favorecer a produción e o consumo local fronte ás grandes producións. Isto tampouco quere dicir que se impida a comercialización internacional dos produtos, pero si que a produción para a alimentación básica da poboación das distintas rexións do mundo debe ser local e ambientalmente sostible e non estar supeditada ao comercio internacional.

Neste contexto, como nos conta Sira Rego, concelleira de Medio Ambiente en Rivas Vaciamadrid, o sector agropecuario converteuse nas últimas décadas nun sector case marxinal na comunidade de Madrid. Para facer fronte a esta situación, púsoxe en marcha un proxecto que pretende recuperar e revalorizar o sector agropecuario, aumentar o consumo de comida ecolóxica na poboación e mellorar a soberanía alimentaria.

O proxecto plantésaxe inicialmente nunha finca de terreos municipais de 90ha, nun concello con fortes contrastes xa que é unha das zonas máis industrializadas da rexión e ao mesmo tempo conta cun 70% do territorio municipal protexido no marco do “Parque Regional del Sureste”.
Para este fin elixíronse 3ha nas que se desenrolan e experimentan prácticas agroecolóxicas tendo en conta a necesidade de manter a agrobiodiversidade da zona e para ser un motor de proxectos de economía social ligados á produción ecolóxica.
A produción recollida destinouse inicialmente para a divulgación do propio proxecto e finalmente servirá para articular unha rede de comedores sociais.

Por outro lado tamén se puxo en marcha un mercado de produtos ecolóxicos locais tendo en conta tres criterios fundamentais: Os alimentos alí comercializados debes ser producidos na Comunidade de Madrid con criterios ecolóxicos; os vendedores soamente poden ser os propios produtores e produtoras; e promover iniciativas de economía social e pequenas explotacións familiares.
Outra parte fundamental deste proxecto e o desenrolo dun programa educativo baseado no consumo sostible, a sensibilización, a divulgación das labores da agricultura ecolóxica e a formación. Para esta última se articulou un espazo de capacitación técnica na propia finca experimental municipal.

Un proxecto construído como un laboratorio nun contexto concreto que quere ser unha alternativa ao modelo depredador de produción actual. Por suposto a experiencia pode non ser aplicable da mesma forma en outras partes. En Galicia temos outras circunstancias distintas, pero é unha mostra de que outra maneira de facer as cousas non soamente é necesario, se non que é posible.

No hay comentarios: