4 oct 2010

Celebrouse o "I Encontro de Ecoloxía"


O pasado sábado 2 de outubro tivo lugar o “I Encontro de Ecoloxía” organizado por Esquerda Unida . Este encontro forma parte do proceso de Refundación da Esquerda no que está involucrada esta organización. Neste proceso, Esquerda Unida ven dialogando con todo tipo de colectivos e persoas a título individual para para atopar puntos en común e chegar a acordos que nos permitan traballar xuntos no obxectivo de superar a actual crise ecolóxica.

Neste encontro participaron como relatores: José Luís Ordóñez, responsable da Área Federal de Medio Ambiente de IU, Juanjo Guirado, arquitecto e membro do Consello Político Nacional de EU, Manuel Casal, membro da organización “Véspera de nada”, Ángel Culebras, catedrático de Química e membro de EU e César Santiso, membro da Executiva Nacional de EU. No debate que seguiu aos relatorios participaron persoas a título individual e membros das plataformas SOS Caurel e Salva o Tren.

Durante o acto, púxose en evidencia a insostibilidade ambiental do actual sistema económico e a necesidade de cambios radicais no actual modelo de produción, distribución e consumo.
Dada a amplitude de temas a tratar, e a imposibilidade de tratalos todos nun só encontro, os participantes quedaron emprazados a realizar máis actos nos que se poidan tratar temas en concreto.

Dende esta Secretaría de Medio Ambiente de EU, queremos agradecer a todos os relatores e participantes no acto a calidade das exposicións e do debate e animámolos a seguir participando neste prometedor proceso ao que esperamos sumar cada vez máis xente.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Foi un pracer poder escoitar a expertos tan cualificados sobre a crise medioambiental.