8 sept 2011

Acto público: Cegados polo AVE. Propostas para un modelo de ferrocarril alternativo.

O vindeiro venres 9 de setembro ás 19,30 horas vai ter lugar no Centro Cívico “A Ponte” (Eulogio Gómez Franqueira, 43 - Ourense) unha charla-coloquio organizada pola Área de Medio Ambiente de Esquerda Unida que leva por título CEGADOS POLO AVE. PROPOSTAS PARA UN MODELO DE FERROCARRIL ALTERNATIVO.


O acto será presentado polo responsable da Área de Medio Ambiente de Esquerda Unida, José A. Villar, e contará coa intervención de Francisco Rafael González Escudero, Secretario Xeral do Sindicato Ferroviario SF Intersindical, e de Cesáreo Villar Blanco, activista de Attac Madrid. A intención da charla é, por un lado, facilitar algúns datos cos que analizar máis críticamente do que ven sendo habitual a infraestrutura do Ave; por outro, aportar algunhas propostas realistas coas que lograr no futuro un modelo de ferrocarril social e sostible.

No hay comentarios: