15 mar 2012

Interpelación parlamentaria sobre a futura liña de alta velocidade entre Vilagarcia de Arousa e Vigo

Esquerda Unida, a través do seu grupo parlamentario no Congreso dos Deputados, presentará unha interpelación parlamentaria sobre a futura liña de alta velocidade entre Vilagarcía de Arousa e Vigo.

Galicia padece históricamente unha insuficiente planificación e desenrolo da rede ferroviaria, tanto no que se refire ao interior do territorio galego como deste cara ó exterior. Nestes últimos anos, tanto dende o Ministerio de Fomento como dende a Xunta de Galicia, vense anunciando como unha panacea a futura liña de AVE que comunicará Galicia coa meseta.

O feito é que a día de hoxe a poboación galega descoñece cal vai a ser o futuro da rede ferroviaria xa que a súa planificación está rodeada de escurantismo. O único claro, polo menos ata agora, é o levantamento de vías e o peche de estacións como as de Caldas de Reis, Portas, Portela e Ribadumia entre outras. Este feito deixa sen servizo ferroviario a unha importante parte da poboación.

Dentro deste escenario, tal e como está a construción nestes momentos e ciñéndonos ao tramo entre Vilagarcía de Arousa e Vigo, Esquerda Unida, a través do grupo parlamentario de IU no Congreso dos Deputados, presentará as seguintes preguntas:

1.- Tense previsto que por esta liña circulen, trens de proximidade?

2.-Está previsto que circulen por esta liña trens de media distancia?

3.-En que poboacións vai haber estacións ou apeadeiros que realmente presten, servizo e cando dicimos que presten, servizo referímonos entre outras a que sexan intermodais, a que estean dotadas de parkings disuasorios, de horarios adecuados, frecuentes e cadencia dous, que se facilite boa completa e actualizada información, en cada estación e apeadeiro da ruta que se apliquen, tarifas razoables e bonos temporais con descontos, similares ás doutros puntos de España?

4.- Como vai acceder o material autopropulsado ou remolcado aos talleres que se están construíndo na actual estación de Redondela, cando esta queda separada do trazado do eixo atlántico?

5.-Que alternativas se propoñen dende Pontevedra cara a Vilagarcía despois de ter suprimido o servizo ao norte de Pontevedra, léase Caldas de Reis, Portas, Portela, Ribadumia ou o propio campus.

6.- Tendo en conta a velocidade á que se supón van circular os trens por este trazado e que non debe ser inferior a 160Km./h, se se van a realizar apeadeiros en determinadas poboacións e nos que se pode prestar servizo, teñen previsto algún sistema de prevención e seguridade para os usuarios do ferrocarril, xa que ao ser un lugar de paso dotado soamente coa vía dobre e coa velocidade apuntada podería darse o caso de que usuarios fosen arrastrados polos trens que non paren.

7.- Que vai ser dos tráficos de mercancías, portas , etc...?

No hay comentarios: