8 feb 2012

Plataforma Galega contra a Incineración e pola Reciclaxe


Esquerda Unida saúda a constitución da Plataforma Galega contra a Incineración e pola Reciclaxe por parte dos colectivos ecoloxistas galegos ADEGA, Amigos da Terra, a FEG -18 organizacións-, SGHN e Verdegaia.
É un feito innegable a necesidade de trocar o actual modelo de xestión dos residuos, obsoleto, contaminante e insostible ambientalmente de SOGAMA, e ir cara un modelo de xestión que priorice a Reducción dos residuos emitidos, a Reutilización e a Reciclaxe.
Conscientes desta necesidade, dende Esquerda Unida consideramos que a creación desta plataforma servirá para que se visibilice socialmente o problema da xeración e tratamento dos resíduos. Ademáis, a unidade de forzas e a mobilización social é a mellor maneira de obligar á Xunta de Galicia a cambiar o actual modelo de xestión de resíduos.

Polo tanto, Esquerda Unida decidiu apoiar o Manifesto da Plataforma Galega contra a Incineración e pola Reciclaxe e comprométese a participar nela.

Queremos recordar tamén, que a xestión dos resíduos debe ser considerada un servizo público, non un negocio, e que esta xestión non debe en ningún caso estar condicionada por intereses económicos . Polo tanto, dende Esquerda Unida reivindicamos a xestión pública dos resíduos.

Secretaría de Medio Ambiente
Esquerda Unida

No hay comentarios: