8 jun 2012

A ÁREA DE MEDIO AMBIENTE DE ESQUERDA UNIDA PREPARA O SEU PROGRAMA DE CARA ÁS VINDEIRAS ELECCIÓNS AUTONÓMICAS

Celebrará unha Convención Programática de Medio Ambiente o vindeiro domingo 17 de xuño na sede de Esquerda Unida en Santiago de Compostela.

A Área de Medio Ambiente de Esquerda Unida, da que forman parte afiliados e non afiliados a EU, está preparando o seu programa político de cara ás vindeiras eleccións autonómicas.
A idea é que este programa, que logo será presentado á Comisión Redactora do Programa Electoral, sexa feito coa máxima participación cidadá.

Para tal fin, a Área de Medio Ambiente de Esquerda Unida preparou un borrador de programa que está sendo compartido cos afiliados de EU, colectivos ecoloxistas e persoas a título individual. Todas as achegas ou enmendas que se fagan ao borrador serán debatidas na Convención Programática de Medio Ambiente proxectada par o vindeiro domingo 17 de xuño.

A Área de Medio Ambiente de Esquerda Unida convida á cidadanía a participar neste programa de medio ambiente pensado para avanzar cara á xustiza ambiental e social nun momento no que a propia ONU advirte que ao actual ritmo de quecemento global e perda de biodiversidade, “Os cambios que actualmente se observan no sistema Terra non teñen precedentes na historia da Humanidade”
 

No hay comentarios: