7 jun 2012

ESQUERDA UNIDA OPONSE AO CANON DA AUGA

O cobro do canon da agua que contempla a Lei de Augas de Galicia aprobada en novembro de 2010 supón a mercantilización dun ben público universal como é a auga.
Si ben Esquerda Unida estamos de acordo en que se deben implementar medidas de cara a unha maior racionalización no consumo da auga que evite o seu despilfarro, consideramos que unha cantidade mínima de auga debaría estar garantida a todas as persoas e non suxeita a ningún tipo de cobro.

O artigo 45º.1 da Lei de Augas di:

Constitúe o feito impoñible do canon da auga o uso ou o consumo real ou potencial da auga de calquera procedencia, con calquera finalidade e mediante calquera aplicación, mesmo non consuntiva, por causa da afección ao medio que a súa utilización poida producir, considerándose incluída dentro desta afección a incorporación de contaminantes nas augas, e sen prexuízo dos supostos de non suxeición e exención previstos no artigo 7.

Isto supón que estarán suxeitas ao pagamento do canon da auga todas as persoas polo feito de consumir auga aínda que sexa mediante captación comunal, pozo ou auga da chuvia. É dicir, polo feito de estar vivas. Non se garante unha cantidade mínima exenta de pago, de onde se deduce o carácter únicamente recadatorio desta Lei. Supón outra volta de porca máis na liña de facer repercutir as consecuencias da actual crise económica sobre a maioría social.

Ademáis, a engargada do cobro desta canon será a “Entidade Público Empresarial Augas de Galicia”, empresa suxeita ao dereito privado nas súas relacións exteriores que é o resultado da desaparición do “Organismo Público Augas de Galicia” e da “Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos". Deste xeito, a Lei de Augas de Galicia abre as portas á privatización dun ben público universal como é a auga.

No hay comentarios: